Estimadas familias;
Xa estamos ás portas do final do curso e lanzamos o reto do mes de maio. Parece cedo, pero , para facelo ben, hai que facelo en tempo!
Como este ano imos facer un MAIO no colexio, precisamos as COPLAS para cantar arredor do noso monumento!
Cada alumno/a deberá escribir 1 COPLA de 4 versos , que se axeite á melodía que se emprega en Redondela para cantala ( ver e escoitar video https://youtu.be/bk8luXCEgms ).
Os que participedes gañaredes un carimbo novo na Credencial da Lingua!
Tedes que envialas ( en foto, en pdf, en documento,…) a musica@ceipdelaredo.com antes do 24 de abril para que nos dea tempo a ensaialas para cantalas no noso Maio do día 30!
Moitas grazas! E.D.L. Laredo e Biblioteca