ORDES DO MECO | LUNS: ANTIFAZ |
MARTES XOGO DE MESA |
MÉRCORES: DIANA |
XOVES: ROUPA FAMILIA |
|
![]() |
|||||
CELEBRAMOS O NOSO ENTROIDO 2022 07/02 LUNS FARALEIRO 14/02 LUNS BOTEIRO 21/02 DIFUSIÓN DO ENTROIDO CARTELERÍA ALUMNADO O alumnado levará para casa un cartel do entroido do cole para a súa difusión polos arredores e facelo máis participe do evento. 24/02 XOVES COMADRES E COMPADRES Gran Gran festa do Xoves de Comadres e Compadres só co alumnado que realizou o cadanseu boneco. 25/02 DEGUSTACIÓN DE DOCES TÍPICOS Co motivo de facer o vindeiro 25/02 un día especial de entroido para o alumnado vos animamos a colaborar, como todos os anos, entregando cada familia no comedor do centro ese mesmo día pola mañá, unha pequena mostra dun postre relacionado con estas datas en: • Filloas Educ. Infantil EP • Rosquillas 1º+2º EP • Orellas 3º+4º EP • Biscoito 5º+6º EP
O alumnado realizará unha degustación de todos eles con actividades musicais varias propias destas datas. 25/02 PASARRÚAS ENTROIDO PASARRÚAS SEN CHOIVA Lembrámosvos que o pasarúas só se realizará en caso de bo tempo: Saída 12:00 (aprox.) Pasarrúas Chapela de abaixo - Parada Alameda PASARRÚAS CON CHOIVA En caso contrario, mal tempo, as actividades realizaranse no recinto escolar e as familias, por motivos de seguridade e aforo, non poderán acceder ao mesmo. XIMCANA FOTOGRÁFICA FAMILIAS - Sorteo de 3 agasallos entre as familias participantes que envíen unha foto coa pegada de carteis a musica@ceipdelaredo.com do 21 ata o 24 Febreiro. - Gran Premio Fotográfico "Laredoiro" series de 5 a 10 fotografías con capacidade narrativa que documenten a realidade do entroido escolar. Valorarase o valor estético, técnica,impacto, creatividade e a capacidade do reportaxe de aportar valor didáctico desta festa tradicional. Envio a musica@ceipdelaredo.com prazo máximo ata o 8 Marzo Haberá 3 premios e contaremos cun xurado profesional neste eido e da valoración das familias e alumnado. FESTA DO ANPA ENTROIDO TARDE 17:00
|