Axúdasnos a decorar a nosa árbore de Nadal?

 

Estimadas familias;

O próximo martes empezamos a decorar a nosa árbore de Nadal e , como todos os anos, precisamos da vosa axuda. Este curso, coa temática dos XOGOS E XOGUETES, queremos encher as pólas da nosa árbore de PEQUENOS XOGUETES .

Precisamos que elixades un xoguetiño, lle poñades unha cinta co nome de cada neno e nena, e o traian ao colexio para penduralo ATA O 10 DE DECEMBRO.

Poden traer dende xoguetes de follalata, peluches pequeniños, bonequiñas, coches, playmóbiles, ... todo o que se vos ocorra, pero nun tamaño reducido, pois agardamos arredor de 200!Deben traer o nome e o curso do neno ou nena, pois ao rematar o Nadal devolveranse.

A ver se enchemos a nosa árbore de fermosos soños!

Moitas grazas pola vosa colaboración!