Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Anímate e participa. 5 prazas dispoñibles no noso Club de Lectura de Alumnado 3º a 6º e Familias!!!

O Club de Lectura Antaruxas de alumnado e familias de 3º a 6º de Educación Primaria inicia as súas actividades do segundo trimestre.

Comezará coa lectura da novela A xeira das froitas da escritora María Reimóndez, coa que se celebrará un encontro virtual o 10 de febreiro.

As sesións do club continuarán sendo os mércores, entre as 16:30 e 17:30 horas, no espazo do club en Google Meet. Formado por 15 familias, na actualidade hai cinco prazas dispoñibles. Durante os meses de febreiro e marzo leremos un cómic e un libro de poemas.

Se tes interese en participar, escribe a clublectura@ceipdelaredo.com.

Divírtete e aprende compartindo lecturas