Participade cun Cartel "Camiñando coa Lectura"

Estimadas familias:

O día 23 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e inauguraremos a nosa biblioteca.

Neste día tan especial queremos facervos partícipes elaborando un traballo que servirá para introducir o tema do noso proxecto documental deste ano:

Facendo camiño.

Por iso, León faivos a seguinte proposta:Elaborar un cartel que ilustre o lema deste curso da nosa biblioteca: Camiñando coa lecturaç

Normas:

  • Realizarase un cartel que ilustre o lema da biblioteca: Camiñando coa lectura, procurando creatividade e orixinalidade.
  • No cartel deberá figurar o lema.
  • Poderá participar todo o alumnado do centro, cunha única obra por alumna ou alumno en colaboración coa súa familia.
  • Os traballos deberán presentarse en formato dixital.
  • A obra deberá enviarse ao enderezo electrónico da biblioteca: biblio@ceipdelaredo.com.
  • Para facer o envío, utiliza o teu correo do cole; deste xeito poderemos identificarte como autor ou autora.
  • Deberá estar escrito en lingua galega.
  • Poderase empregar calquera técnica plástica: collage, témpera, rotuladores… Despois tira unha foto e envíaa por correo.

A data límite de entrega será o martes 20 de outubro.

Con todos os carteis faremos unha MONTAXE que compartiremos con todas e todos vos.

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN. MOITAS GRAZAS!

O Equipo da Biblioteca e Normalización Lingüística