Axudas da Fundac. Amigos de Galicia EI+EP

Desde a Fundación Amigos de Galicia -Entidade Prestadora de Servizos Sociais- continuando co noso compromiso de protección da infancia, especialmente de todos os nenos e nenas en situación de pobreza e risco de exclusión social, levamos a cabo un ano máis a campaña de entrega de material escolar “A volta ao cole máis especial” para que todos os nenos e nenas en idade de escolarización poidan comezar o curso co material escolar que necesitan, aínda que as súas familias non poidan facer fronte a ese gasto.

 Acceder ao programa de Axudas. 

Chamar ao 672 706 182 para comentar o seu caso concreto e que lle podan axudar.