Modificacións Entradas/Saídas do centro

Boas Familias, dentro da normativa COVID da Xunta que "minimiza o acceso das familias dentro do recínto escolar" adaptaremos a mesma dentro das nosas posibilidades segundo as vosas suxerencias e necesidades do contexto (tráfico/seguridade) polo que vos pregamos colaboración: 

Infantil e 1º+2º EP: O acceso será no mesmo horario indicado dende un principio pero as familias poderán acceder ao recínto, ata unha zona acotada cunha liña, minimizando ás aglomeracións no exterior, polo que vos pregamos cheguemos a vosa hora de entrada e saída.

Entradas

  • Entrarán primeiro as familias dos cativos de 1º+2º e unha vez recollidos polas titoras sairan do recínto, pregamos minimizar a estancia no centro.
  • Unha vez que saian as familias de primaria entrarán ás familias de Infantil.

Saídas

  • Na recollida a orde será a inversa...primeiro entran as familias de infantil e despois as de primaria.

Pregamos:

  • Minimizar a estancia no centro, non creando faladoiros entre as familias.
  • As notificación, informacións ás titoras faranse vía mail.
  • Respetar a quenda de entrada para evitar aglomeracións innecesarias.
  • Colaboración coas titoras de Garda.

3º+4º+5º+6º EP O acceso será no mesmo horario indicado e no mesmo lugar pero as prazas de aparcamento colindantes ao centro estará prohibido aparcar de 08:30 á 09h e de 13:30 a 14h (só poderán aparcar, o maís alonxdado da porta, ás familias con dificultades de acceo a mobilidade xa identificadas pola dirección do centro)...haberá unhas vaias que delimiten o espazo para o centro, segundo vaian adaptándose esta normativa intentaremos crear espazos diferenciados no exterior para o alumnado.

Pregamos:

  • As notificación, informacións ás titoras faranse vía mail.
  • Respetar a quenda de entrada para evitar aglomeracións innecesarias.
  • Colaboración coas titoras de Garda.

Agradecemos a axuda e colaboración das familias e pregamos a vosa comprensión da situación dunha normativa xeral da XUNTA que debe adaptarse progresivamente aos diferentes contextos dos centros.