Proxecto do ANPA "Igualmente 2020-2021" recoñecido pola Secretaria Xeral de Igualdade

Estamos de noraboa, un proxecto do noso ANPA, "IgualMente" foi recoñecido cunha subvención de 4000€ pola Secretaria Xeral para Igualdade.
Un proxecto innovador, creativo, lúdico e formativo que propón unha liña de actividades educativas dirixidas a familias, profesorado e alumnos/as; actividades e proxecto coordinado polo Dpto. de Orientación do centro e a directiva do ANPA que se desenvolverán durante este ano académico 2020-2021.

Orgullo de ANPA!!!
Grazas a todas as familias que colaboraron no mesmo durante o verán e ao seu esforzo, adicación e compromiso.