Actividades para Luns 15/06 Auga e Literatura

ACTIVIDADES DO 12 ao 19 DE XUÑO INFORMACIÓN

Nivel I: “Perdido e atopado”: (Galego) Qué farías ti se atopas un pingüín extraviado na porta da túa casa? Atréveste a axudalo para atopar o camiño de volta ao Polo Sur? https://www.youtube.com/watch?v=u_5xEhEOA6Y “O cocodrilo al que no le gustaba el agua”: (Castelán) Todo o mundo sabe que os crocodilos encántalles a auga. Pero hai un que síntase mellor subindo aos árbores... Será realmente un crocodilo? Queres coñecelo? https://www.youtube.com/watch?v=9NKzDbU4NGI

Nivel II: “Ernesto bo día”: (Galego) Aquel domingo, Ernesto estaba convidado a merendar na casa da súa noiva Henriqueta. A cita era ás seis en punto. Con tempo, Ernesto preparose e saíu cara a casa da súa noiva. Era unha tarde soleada pero de súpeto... levantouse unha brisa, caeron unhas pingas, choveu e e choveu e choveu sen parar. Pese a iso, Ernesto nunca perde o sorriso. https://www.youtube.com/watch?v=oiqFClLiajE “Moby Dick”: (Castelán) Coñeces esta obra? Trátase dunha das novelas de aventuras imprescindible, un clásico da literatura universal de todos os tempos. Non a perdas! https://www.youtube.com/watch?v=rfMEExOXDKw

Nivel III: “La princesa del agua”: (Castelán) Cada día, Gie Gie levántase aínda cando é noite para percorrer o longo camiño ata o pozo. En lugar de coroa, leva na súa cabeza un pesado cántaro para encher co prezado líquido. De regreso á casa, Gie Gie sempre soña co día no que o seu reino teña auga limpa e cristalina para beber. https://www.youtube.com/watch?v=lTh4Px5iitU “The old man and the sea”: (Inglés) “O vello e o mar” narra a preciosa historia dun ancián pescador cubano ao que a sorte parece que hai tempo que non o acompaña. E foi a obra que levou a Hernest Hemingway a recibir o Premio Pulitzer en 1953. Non perdas a ocasión de coñecer esta gran historia nesta adaptación en lingua inglesa e subtitulada en castelán. https://www.youtube.com/watch?v=Vu-OYgnjb8w