Biblionacasa 07/05: Coronareto: Autorretrato con libros

07/05

 Un dos retos que máis éxito tivo neste tempo de confinamento foi o de recrear un cadro... e acabo de atopar unha idea moi parecida, levada a cabo pola Biblioteca do CPI Virxe da Cela, de Monfero: autorretratos con libros.

Podedes ver algunhas das súas creacións neste enlace:

https://obiblioblog.blogspot.com/2020/04/autorretratos-con-libro.html

RETO: Autorretrato con libros

Animádevos a facer o voso autorretrato xunto a un dos libros da vosa biblioteca...agardamos polas vosas creacións:

Unha vez elaborado, envía a foto ao correo da biblioteca: biblio@ceipdelaredo.com