Biblionacasa 04/05: Coronareto: Recuperando a rúa!

04/05

Dende o comezo do estado de alarma e o confinamento na casa, a Biblioteca Escolar de Laredo quixo estar ao voso carón tentado facer esta situación o máis levadeira posible.

Quixemos achegarvos a cultura nas súas diferentes artes: visitamos museos, escoitamos cancións, fomos ao cinema, bailamos, creamos Maios... Esperamos que estas achegas vos axudaran a “viaxar dende casa” e que os noso retos vos mantiveran un pouco máis entretidos nestes días.

Comeza unha nova fase, a chamada “desescalada progresiva” e a situación nos vosos fogares empeza a mudar: nai e pais de regreso aos traballos presenciais, nenas e nenos que xa poden saír a pasear e andar en bicicleta, podemos saír a facer deporte...

É por todo isto que imos reducir o ritmo de publicación dos coronaretos a dous días á semana, os luns e os xoves...Así todas as familias teredes tempo abondo para seguir participando e enviando as vosas magníficas creacións.

 

RETO: Recuperando a rúa

Queremos que este primeiro retos de desescalada reflicta precisamente eses paseos que podedes dar dende hai unha semana. Podedes facer un vídeo, tirar unha fotos, escribir as vosas impresións e sensacións, ou incluso gravar un audio para a nosa radio, Onda Laredo.

Unha vez elaborado, envía a túa creación ao correo da biblioteca: biblio@ceipdelaredo.com