Biblionacasa 29/04: Coronareto: Coplas Maios Confinados!

29/04

Xa temos feito o Maio e agora chega o momento de facer as coplas. Por se non tedes moi claro como é o ritmo e como se cantan as coplas dos Maios, velaí van dous vídeos dos Maios de Redondela en anos diferentes:

 

  1. https://youtu.be/b9XcyeA8Otk
  2. https://youtu.be/3E2MKUjDQGM

 RETO: Maios confinados

 Crea a coplas para o teu Maio confinado. 

Lembra que as coplas “son cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade” e nestes días a actualidade está “confinada”.
Envía unha foto ou documento PDF coas túas coplas ao noso correo habitual: biblio@ceipdelaredo.com