Biblionacasa 16/04: Coronareto nº15 Obra de Arte!

16/04

Hoxe a biblioteca amosa a súa faciana máis artística. Nestes días circulan polas redes unha chea de propostas artísticas nas que se imita e recrea diferentes obras de arte. Para facervos unha idea, podedes ver diferentes exemplos neste enlace: https://www.infobae.com/cultura/2020/04/02/cuadros-vivientes-la-gente-im... famosas-obras-de-arte-y-explotan-las-redes/

E tamén hai exemplos de obras de arte galega: https://es- es.facebook.com/1079111455507404/photos/pcb.2864839446934587/2864831 870268678/?type=3&theater

RETO

Recrea unha obra de arte na túa casa. Busca a obra que máis te guste, reúne todo o que necesitas e fai unha composición persoal. Despois manda a foto da obra orixinal e a túa recreación ao enderezo da biblioteca: biblio@ceipdelaredo.com.