Reto 5 CoronaHacking: Deseña unha super-habitación! (Non debuxo)

Reto 5

 
PROBLEMA Deseña unha super-habitación! (Non debuxo)
Algunhas nenas e nenos que estan maliños debido o COVID están nas súas casas  pasando o virus onde conviven coa súa familia.

UNHA SOLUCIÓN

Ao estar maliños están pechados nas súas habitacións para non contaxiar ao resto

PROBLEMA A SOLUCIÓN

É moi aburrido estar sen saír da habitación e aínda por riba enfermiños/as

PODES ATOPAR UNHA SOLUCIÓN MELLOR?

Deseña, idea ou crea... a habitación máis  sorprendente, marabillosa e espectacular  que se che ocorra para facer máis entretida e mellorable a experiencia de estar confinado nela.
Podes deseñala co ordenador, con material de refugallo, con lego,...pero deseñaa con todas as comodidades que se che ocorran! (non debuxo) e explícanola.
Que se che ocorre? Deixa voar a túa imaxinación e argalla algo práctico ou absurdo pero argalla algo!

ENVIA A TÚA SOLUCIÓN
Envianos un video de menos de 2 minutos explicando a túa solución e exemplificandoa a biblio@ceipdelaredo.com