Charla sobre medio mariño e alimentación "A sabor da aventura está no mar"

Dentro das actividades encamiñadas ao traballo a prol do medio ambiente e a saúde hoxe temos no centro unha serie de faladoiros sobre o consumo alimenticio do peixe

"O sabor da aventura está no mar"

Así pois hoxe o centro estará cheo de "ARROASES!!!"

 "Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe. Cada un deles ten un "superpoder" unido a diferentes especies: sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada… Dende hai un tempo detectaron que a moitos nenos e nenas non lles gusta moito o peixe e están dispostos a facer que as cousas cambien… "

Nesta ligazón tedes máis información e unha morea de xogos interactívos: http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/gl

Deíxate levar polos Arroases e convértete nun auténtico devorador de peixeeee!