Circular Nadal: Decorando o centro!

1. Decorando o centro con bolas/esferas. Entrega Martes 9 de decembro.

Estimadas familias: Coa chegada do Nadal queremos pedir de novo a vosa colaboración para adornar o colexio. Xa que este curso, A INTERCULTURALIDADE é o tema central en torno ao cal xirarán todas as activi-dades que realizaremos no centro queremos decoralo con BOLAS OU ESFERAS que representen este mundo de diversidade facéndolle honra ao noso eslogan:

Laredo, un mundo de cores en pequeno”.

Como tamén queremos ser ecolóxicos estas BOLAS faranse con materiais de refugallo e cada familia as decorará ao seu xeito empregando calquera material que considere oportuno (pintura, papel, adornos, teas, plastilina,…) para facelas orixinais e vistosas. Traeranse ao colexio o martes 9 de decembro e formarán parte da decoración navideña. O éxito da proposta depende da vosa par-ticipación, por iso vos pedimos que colaboredes con entusiasmo.

 

2. Degustación produtos navideños. Entrega Venres 19 de decembro

Por outra banda o último día de clase (19 de decembro) faremos unha degustación de produtos típicos navideños.

Por ciclos,o alumnado traerá algúns deles quedando do seguinte xeito:

 - Infantil: Turróns de chocolate
 - 1º Ciclo (1º+2º): Polvoróns
 - 2º Ciclo (3º+4º): Turróns de outras clases (brando, duro, tortas…)
 - 3º Ciclo (4º+5º): Mazapáns, panetone, roscón de Reis…

Como non hai previsión do que traerá cada neno/a, todo o que sobre levarémoslos aos “Hermanos Pobres de Teis”, tratando de inculcar no noso alumnado un espíritu solidario.