Almorzos Saudables. Planificación EI+EP

A vindeira semana dan comezo no centro os Almorzos Saudables, proxecto do centro  xunto coa Consellería de Sanidade, do Mar e o Medio Rural, seguindo a seguinte planificación:

  • Luns, 10 de febreiro: 5º e 6º Ed. Primaria
  • Martes, 11 de febreiro: 3º e 4º Ed. primaria
  • Mércores, 12 de febreiro: 1º e 2º Ed. primaria
  • *Martes 18 e mércores 19: Ed. Infantil.

As sesións, dirixidas ao alumnado de Ed. Infantil e Primaria, contan cunha primeira parte de charla informativa e motivacional (impartida por persoal especialidado en nutrición), cuxa finalidade é sensibilizar ao alumnado cara a adquisición de hábitos alimentarios saudables.

Logo, a sesión se complementa cunha parte práctica, na que o alumnado degustará un almorzo mediterráneo elaborado previamente con froita, leite con cacao e torradas con xamón e aceite de oliva.

*Para esta degustación, cada alumno/a deberá traer o seu propio tazo ou cunca para o leite (evitar aqueles de cristal ou fáxiles) e cepillo de dentes.