Sorrisos TRANSFormadores 5º+6º (29/01)

Mañá, mércores 29 de xaneiro, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria está convidado a asistir no Multiusos Piñeiral do Crego (Chapela), xunto cos centros de primaria e secundaria da zona,  á inaguración da Exposición Sorrisos Transformadores.

"Sorrisos transformadores" é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans de galicia (ARELAS), con fotografías de Noemí Chantada. Baixo o lema: "Respecta-defende-sensibiliza-iguala-vive e deixa vivir" o proxecto busca a visibilización, sensibilización e naturalización do colectivo trans para promover a igualdade de oportunidades, o respecto á diversidade e o dereito a ser diferentes.

Esta iniciativa trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidades de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos. O proxecto, comprende unha exposición fotográfica de visibilización positiva que inclúe imáxenes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dun texto que reflicte unha frase ou idea e unha charla obradoiro impartida por técnicos da Deputación de Pontevedra coordinados por Cristina Palacios.