Atlattic: Portas Abertas 15/11

Por alí estaremos colaborando no centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, abrirá as súas portas ao público o vindeiro venres 15 de novembro entre as 16:00 e as 19:30 horas. O persoal dos grupos que conforman o centro de investigación  explicarán o que facemos, como o facemos e onde o facemos. Falaremos dos proxectos nos que traballamos, amosaremos os nosos laboratorios, os equipos que usamos e  ofreceremos talleres, experimentos e actividades. Será un xeito diferente de pasar unha boa tarde, coñecendo máis en detalle a tecnoloxía, a infraestrutura que dispomos e como non, a todos os que aquí traballan.

Todo isto de forma gratuíta e para toda a familia.

Ver programa