Samaín...as orixes no Museo Liste!!! Educ. Infantil (29/10)

Mañá martes, 29 de outubro, o alumnado de Educación Infantil achegarase ao Museo Liste de Vigo para participar nunha celebración moi especial: a chegada do Samaín. Ao longo da sesión, o alumnado afondará nesta festa de tránsito de tradición celta.
Primeiramente, nunha parte teórica, coñecerán a orixe e características do Samaín para despois, nunha parte máis práctica, participar nun obradoiro de maquillaxe e nun xogo de inxenio.