Xornadas" Diversidade afectiva e de xénero"EI+EP (29/10)

<

A vindeira semana dará comezo no noso centro educativo os obradoiros das xornadas:

"A diversidade afectiva e de xénero, nos peques e nas familias".

Participarán nas mesmas todo o alumnado do centro, coa finalidade de acadar os seguintes obxectivos:

  • Atender a diversidade afectiva e a diversidade familias na aula.
  • Favorecer o respecto ás diferencias persoais.
  • Favorecer o coñecemento e o repecto polos dereitos humanos.
  • Atender a diversidade afectiva e sexual do alumnado e das súas familias na aula.

A metodoloxía, axeitada aos diferentes niveis, será dinámica e moi participativa. As charlas que se impartirán e as diferentes dinámicas, serán flexibles, marcando o grupo-aula o desenvolvemento e profundidade das diferentes temáticas, facendo partícipe ao alumnado no proceso de aprendizaxe en valores. A temporalización das mesmas seguirá a seguinte planificación:

  • luns, 21 de outubro.Ed. Infantil
  • luns, 28 de outubro: 1º, 2º e 4º de Ed. Primaria
  •  martes, 29 de outubro: 3º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

Para concluir as xornadas, contaremos cunha sesión dirixida ás familias e enmarcada dentro da nosa Escola de Pais na que se abordará a temática dende a perspectiva familiar. Os obradoiros e faladoiros, correrán a cargo da Asociación Nós Mesmas, que leva dende 2008 impartindo charlas e obradoiros sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero nos centros de ensino públicos da provincia de Pontevedra.

Unhas xornadas, sen dúbida, do mais interesantes e proveitosas!