Obradoiro de Poesía Visual. 5º+6º (25-26/04)

O vindeiro 25 e 26 de abril o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, iniciarán un obradoiro de poesía visual mediante o que mellorar o desenvolvemento das competencias comunicativas, e en concreto, as relacionadas coa arte e a literatura. Da man do pedagogo e poeta Davis Fernández Rivera e a través do traballo con poemas visuais e caligramas achegaranse a unha visión máis total do proceso comunicativo, facendo entender que o CD, o vinilo, apancarta, o mural, a coreografía ou o teatro, poden sercontinentes poéticos tan considerables e necesarios como o libro.