Saída Bueu "O Sabor da aventura está no Mar" 5anos+1º EP

O vindeiro mércores, 13 de febreiro, o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria asistirá a unha saída didáctica ao Concello de Bueu.
A actividade, enmarcada dentro do programa "O sabor da aventura está no mar!" conta co seguinte programa:

  • 9:10 Saída do centro educativo
  • 9:45 – 11:30 Visita ao porto, á lonxa e á praza de abastos
  • 11:30 – 12:30 Merenda mariñeira
  • 12:30 Regreso ao centro educativo

O alumnado non é preciso que leve merenda posto que no pequeno cátering poiderán degustar diferentes elaboracións a base de produtos do mar e un lácteo (iogur).
Terase en conta o alumnado con intolerancias e alerxias alimentarias.