Estimadas familias:
Coa chegada do Magosto e o Samaín queremos pedir de novo a vosa colaboración para adornar o colexio. Este curso, como novidade, imos cambiar as cabazas por “PORTACASTAÑAS”.
PORTACASTAÑAS - 27/10/2014
Como tamén queremos ser ecolóxicos, estes recipientes faranse con materiais de refugallo que cada familia decorará empregando os materiais que considere oportuno (pintura, papel, adornos, teas, plastilina,…) para facer o “portacastañas” o máis orixinal e vistoso posible. Deberán incluir o nome e o curso do alum-no/a. Traeranse ao colexio o LUNS 27 DE OUTUBRO e formarán parte da decoración outonal e de Samaín do centro ata o día 30 , cando se usarán para a festa .
15 CASTAÑAS/ALUMNO -27/10/2014
Lembrade tamén que dende o LUNS 27 SE RECOLLERÁN AS CASTAÑAS para o Magosto (15 por alumno…con corte! ).
DISFRACES - 30/10/2014
Para celebrar o Samaín, O MESMO DÍA 30, poderán traer disfraces terroríficos . O éxito da proposta depende da vosa participación, por iso vos pedimos que colaboredes con entusiasmo. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20141016_samain.pdf | 444.2 KB |