O vindeiro 1 de Xuño o alumnado de Educ. Infantil irá a Redondela ao CEIP Santo Paio de Abaixo a participar no I Congreso Infantil Reino Animal.
Obradoiros, Xincanas, Faladoiros,...velaí o programa das charlas, impartidas por expertos para expertos!!!:
O vindeiro venres, 1 de xuño, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria ten programada unha saída ao Parque Forestal do Pouso de Bembrive enmarcada dentro do programa:
"O monte vivo".
O vindeiro Luns 28/05 o alumnado de 5º e 6º asistirá a Entrega de Premios "Faro da Escola", proxecto no que participamos por terceiro ano consecutivo e o noso alumnado ten algún que outro recoñecemento polo seu labor periodístico, de investigación ou de narración.
ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2018/19.
PRAZO 23/06 ata o 8 de Xuño
SOLICITUDE TELEMÁTICA
O vindeiro Martes 28 de Maio ás 17h teremos no centro a María Nimo, especialista nos usos educativos da robótica, programación e a Ciencia e de como integralos no noso día a día dende os fogares sen prexuízos de xénero.
Informámosvos dunha actividade que terá lugar na biblioteca de Chapela a vindeira semana:
Contacontos en Lingua de Signos,na Biblioteca de Chapela: O vindeiro mércores 23 de maio, ás 19:00 h., e a cargo de XOGA, a Organización de Xordos de Galicia teremos un contacontos para o noso público máis miúdo.
Os vindeiros 23/24 de Maio realizaremos no centro as probas de avaliación diagnóstica no alumnado de 3º de EP (Probas que avalian o rendemento do alumnado nas competencias lingüísticas e matemáticas dunha maneira estándar a nivel estatal/autonómico).