Abalar móbil
Prezadas familias:
Dende o CEIP Labarta Pose seguimos traballando para comunicarnos con vós.
Convidámosvos a baixar, se aínda non o tendes feito, a aplicación abalar aos vosos teléfonos móbiles para poder ver os boletíns de notas o vindeiro venres, 3 de abril.
Somos conscientes da fenda dixital e intentaremos na medida do posible solucionar as vosa dúbidas.
Este é o enlace, por se é do voso interese.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil
Un saúdo.