Novas

QUE PATIO MÁIS BONITO!!

Este curso a ANPA, tan colaboradora como de costume, agasallounos con novos xogos para o patio de infantil. Dámoslles as grazas todos nós e tamén ao Concello de Zas que se encargou da  colocación dos xogos e cubriu o chan cun material especial para evitar  golpes.

Grazas en nome de todos os nenos e nenas de Educación Infantil e tamén en nome de toda a comunidade educativa do CEIP Labarta Pose.

Mirade que ben o  pasan no recreo!!

 

 

XADREZ E INFORMÁTICA

 

Durante este curso 2013-2014, grazas a ANPA, todo o alumnado do CEIP LABARTA POSE pode disfrutar durante este segundo trimestre de actividades ao mediodía.

 Como sempre, tan colaboradora, a ANPA do noso centro agasallou a todo o alumnado con dúas actividades, xadrez e informática as que os nenos e nenas que o desexan poden asistir de forma gratuita, un día á semana, despois do xantar e antes do inicio da xornada escolar da tarde.

Ademais agasalláronnos con novos xogos para a nosa ludoteca.

Grazas en nome de toda a comunidade educativa do centro, pola vosa colaboración e esforzo.

 

 

 

 

Distribuir contido