Extraescolares

70 Aniversario da Declaración do Dereitos Humanos.

As nosas alumnas e alumnos de 1º e 2º participaron coas escolas asociadas á Unesco na celebraron, este luns no Pazo da Cultura, dun acto de conmemoración do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Nos seguintes enlaces verán a noticia en diferentes medios informativos:

https://pontevedraviva.com/…/alumnos-pontevedreses-celebra…/

https://www.diariodepontevedra.es/…/201812101308171013098.h…

VI encontro das Escolas Unesco de Galicia

       
 

O xoves 25 de febreiro e o venres 26, o alumnado de 2º.A representará ó noso centro no VI ENCONTRO DAS ESCOLA ASOCIADAS UNESCO DE GALIZA.

Dúas xornadas de convivencia, reflexión e traballo para falar de IDENTIDADE, CULTURA E DIÁLOGO.

Participan neste Encontro centros de toda Galiza asociados á UNESCO: CEIP. S. Bieito de , CEP Campolongo, CEP Marcos da Portela, ESCOLA Integrada Eduardo Pondal de Cangas e os Institutos Pedra da Auga de Ponteareas, Luis Seoane de Monteporreiro e o Instituto Pazo da Mercé das Neves.

O Conservatorio de música de Pontevedra e a Facultade e  de Ciencias da Educación, como centros Asociados á UNESCO ofrecerán aos participantes talleres e concertos musicais.

O noso alumnado presenta o Proxecto de traballo: AS PATRONAS MEXICANAS, enmarcado no ámbito de traballo: Cultura de Paz, que todo o alumnado do centro traballou co gallo do Día da Paz, celebrado o 30 de xaneiro.

 

 PROGRAMA.

RESUMEN DO ENCONTRO

VIDEO

 
Distribuir contido