Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

A FALA - UXÍA E TANXUGUEIRAS - CURSO 21-22

                             A  FALA

OS MAIOS - CURSO 19-20

                                  OS MAIOS

 

LUZ POZO GARZA

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, poeta e crítica literaria galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX. Desenvolveu unha longa traxectoria docente no Instituto de Nigrán como profesora de Lingua e Literatura española.  Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao. Dende 1996 foi membro numerario da Real Academia Galega, ocupando o cargo de vicesecretaria de 1997 a 2001. En 2007 foi proposta pola AELG para o Premio Nobel de Literatura. Os seus poemas foron traducidos ao castelán, portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.

 

BÉBEDA

  

Rosalía

quen me dera

ter nacido nunha aldea

do Courel

a medir aqueles cumes pura liña

puro amor

solsticio do meu inverno

cun ramallo na tardiña

cun fío desvencellado

tirado da alma inxel

medida do meu salaio

 

Quen me dera Rosalía

beirear a lonxanía

rocha pura

bébeda no leixamento da lentura

no tempo desaxeitado

nun infindo desleigado

e virar voltar volver

beber o Lor

puro laio

bico a bico

beixo a beixo

buxo a buxo

labio a labio

a beber a beberaxe

beizo a beizo

laxe a laxe

da paisaxe do Caurel


 

 

 

 

TEMPO DE VIVIR

Pero non te despidas rapaz da primavera                                                                                                                                                    inda a leves ferida na inocencia primeira

 

Vai o amor impreso na textura  do ser                                                                                                                                          No segredo da chuvia. Na luz que esta por ver

 

Nas PALABRAS DA TRIBU deste reino do Norte                        

No MAR MAIOR das ondas que escorrentan a morte

E vai a primavera ó par da poesía                                                                               

nunha camelia ilesa no ser de Rosalía    

Na saudade dos ríos indo a Palas de Rei                           

No designio das aves que viven noutra lei

E ti ensumido en verbas. En cantigas. En matos.                          

A custodiar enviso no reino dos regatos

Sempre a acadar a ROSA da inocencia perdida                                                

da música acordada. Da mocidade ida

con Rosas a Saleta-Sempre a rosa do norte                             

que nos libra do tempo e nos salva da morte    

...

Manuel: a miña aperta nesta hora. Neste día                              

Que vos sexan propicios o amor e a poesía

          Setembro de 1995 (Homenaxe a Manuel María)

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

 

24 de febreiro

DÍA DE ROSALÍA

Como todos os anos no noso colexio celebramos o Día de Rosalía, lendo, recitando, ilustrando poemas da nosa poeta máis universal. Tamén fixemos retratos, tarxetas e flores: é a nosa humilde homenaxe. como non volo podemos mostrar, nestas datas tan especiais, queremos compartir convosco unhas palabras do poeta e dramaturgo español máis importante do século XX, Federico García Lorca; en 1919 escribiu un poema titulado "Salutación elegíaca a Rosalía de Castro", manifesta así a súa admiración pola autora galega.

 

Desde las entrañas de la Andalucía,
mojados con sangre de mi corazón,
te mando a Galicia, dulce Rosalía,
claveles atados con rayos de sol.


Caigan los claveles en tu calavera
manchando su blanco marfil de pasión,
y hagan el efecto de una cabellera
con trenzas de sangre nevada de olor.

Llevan el rocío de mi madrugada
pondrán en tu cráneo vacío mi amor,
y en tus huesos tristes, rumor de Granada
llenando de estrellas la noche cerrada
que como ceniza de sombra quemada
cubre la cobacha de tu panteón.


El clavel es alma de esta tierra fuerte
cubierta de olivos palmeras y al son
que el Mediterráneo sobre el campo vierte,
el clavel asoma rojo entre el verdor
cual copa imposible que beba la muerte,
levantando el alma latina hacia Dios.

Ya ves Rosalía que mando a tus mares
lo que en este campo es estrella flor.
Mándame tú en cambio rumor de pinares
ruido de rebaño que vuelve a sus lares,
y el panal meloso de gaita y cantares
que se oye en tus campos al primer albor.

Quiero que consueles mi vida exaltada
a tiempo mi alma perdió su pastor.
Quiero que me cuentes tu vieja tonada
a la orilla tibia del hogar sentada
por toda la gente sin pan que sufrió.

Quiero que lloremos la melancolía
que sobre nosotros el cielo dejó,
pues vamos cargados con cruz de poesía
y nadie que lleva esta cruz descansó.

Junto a los cipreses que rompen el cielo
saludo a los sauces que tiene Padrón.
Quiero que con estos claveles sangrientos
llegue a tu sepulcro mi llanto y mi voz.

 

 

Amancio Prada  puxo música a este marabilloso poema dando lugar a outra fermosa  creación; podes ver o vídeo no seguinte enlace: https://youtu.be/ZIcrwzCinQU

 

 

X CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA

 

 
OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS


 Debido ao confinamento non se puideron rematar os traballos preparados polo alumnado de  6º de primaria. Estes traballos eran  unha forma de  lembrar aqueles oficios que  a través dos anos foron moldeando a economía, as relacións sociais, mesmo a música de todo un Pobo. A vida  doméstica, o campo, o mar, foi progresando grazas á creatividade e o enxeño dos artesáns e a xente de oficio. Lembrando as nosas raíces pedímosvos que aportarades fotografías de apeiros, ferramentas ou aparellos para a nosa exposición. Agora debemos facer un aprazamento, pero en canto nos sexa posíbel continuaremos. Non vos esquezades, preparade as fotografías.

Desde o ENDL queremos agradecer ao alumnado e profesorado que con tanto entusiasmo colaboraron na elaboración dos traballos. Esperamos poder mostrárvolos en breve. Ánimo a tod@s e ata vernos.

 

 

    

 

                                                                              

 

       

 

 

 

 

 

 

 

 

ANIMACIÓN Á LECTURA - CURSO 19-20

O OUTONO

 

O alumnado de 1ª ciclo do noso colexio recolleron refráns e ditos  sobre a castaña e fixeron con eles este bonito mural de outono.

 

         

SAMAÍN

 

                                                      

   

                                  

Samaín, significa o fin do verán, principio do inverno.

Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín,  era  o período máis importante do  ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o porco do samaín e concelebrar as festas  dos guerreiros.  Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e os seus moradores, ás veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas  ánimas errantes dos defuntos , adoitaban pór no     alto dos valados, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. Destas  crenzas célticas vén a tradición europea de facer caveiras na cortiza dos melóns ou cabazos. Esta tradición pervive hoxe con nomes diferentes: calacús, polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense.

O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Os emigrantes europeos levaron esta tradición a terras americanas e alí transmutouse nun “carnaval” outonal.

A celebración orixinal non se chamaba Halloween, senón  SAMAN, SAMAIN ou SHAMHAIN (pronunciado “XAO-IN”), e comezou varios séculos antes de Cristo entre os antigos pobos celtas.

 

            

 

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA

 A NOSA HOMENAXE A ANTÓN FRAGUAS

 

     A Real Academia Galega dedica o ano 2019 a homenaxear  a figura de Antonio Fraguas, destacado    historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. Con este motivo o  Equipo da Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística queremos facer  a nosa humilde contribución á homenaxe do autor. Coa vosa axuda faremos unha exposición de pezas antigas  para lembrar as nosas raíces. Poden ser apeiros de labranza, da casa, de traballar o liño, pezas de roupa (traxe tradicional, colchas,..), ferramentas de oficios (cesteiro, zoqueiro, afiador,...) ; non poderán ser posteriores á década dos setenta do século pasado.  Deben entregarse  en secretaría  durante o mes de abril. Daremos un  recibo co material aportado para recoller antes de que remate o presente curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut