Comeza o prazo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso.
Podedes pasar polo cole para cumplimentar a información dende o vindeiro luns 20 ata o 30 de xuño.
Para a formalización da matrícula tedes que traer a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI (de todos os membros da unidade familiar).
- Fotocopia da cartilla de vacinación.
- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social.
- Dúas fotografías de tamaño carné.
- Anexo III cuberto (podedes imprimilo dende aquí, ou temos copias no centro).
- Cubrir o impreso de relixión/atención educativa/proxecto competencial que vos facilitamos no centro no momento da matrícula.