Skip to Content

Matrícula para o curso 2022/23

Comeza o prazo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso.

Podedes pasar polo cole para cumplimentar a información dende o vindeiro luns 20 ata o 30 de xuño.

Para a formalización da matrícula tedes que traer a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI (de todos os membros da unidade familiar).

- Fotocopia da cartilla de vacinación.

- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social.

- Dúas fotografías de tamaño carné.

- Anexo III cuberto (podedes imprimilo dende aquí, ou temos copias no centro).

- Cubrir o impreso de relixión/atención educativa/proxecto competencial que vos facilitamos no centro no momento da matrícula.

 

 

Axudas para libros e material escolar curso 2022-2023

ORDE do 9 de maio de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

A presente Orde integra:

a)Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e ESO.

b) Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP. ESO e EE

Prazos: Do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

Forma de presentación: Aqueles interesados deberán cubrir o impreso ED330B e achegar a documentación requerida (ver a nosa web ou consultar na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros da que deberán traer fotocopia e orixinal.)

O impreso pódese descargar na mesma dirección web ou no arquivo adxunto e pódese entregar na secretaría do centro, ou presentar por sede electrónica https//sede.xunta.gal. Aquelas familias que o desexen poden tamén recoller unha copia deste, na secretaría.

Alumnado de 6º de Educación Primaria: as solicitudes deste alumnado serán entregadas no IES correspondente achegando, igualmente, a fotocopia da documentación necesaria xunto co orixinal.

En vindeiras datas daremos instrucións para a entrega dos libros adquiridos co fondo (lembrade que teñen que estar en boas condicións para percibirá as axudaas).

 

A dirección

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Dende hoxe 19 de maio e ata o 30 de setembro, ábrese o prazo para solicitar as becas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022-2023.

Tedes toda a información na seguinte web:

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

 

Modificacións á CC

Admitidos curso 2022/23

Calendario do proceso de admisión para o curso 2022/2023

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

Do 11 de Xaneiro ao
8 de Febreiro

Reserva de praza para alumnado de 6º de Ed. Primaria que se queira matricular no centro ao que estamos adscritos (IES Carlos Casares)

O formulario normalizado ED550A deberase presentar de xeito manual no centro de orixe(CEIP Igrexa-Candeán) ou a través da aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado

25 de Febreiro

Sorteo na Consellería de Educación e resolución das letras que resolverán posibles empates.

Antes do 1 de Marzo

Publicación das prazas que oferta o centro

Do 1 ao 22 de Marzo (ambos incluídos)

Presentación de solicitudes de admisión (Anexo II) xunto coa fotocopia cotexada do  libro de familia  ou DNI do alumno/a no centro.

A solicitude será única segundo o modelo Anexo II (ED550B) que poderá cumprimentarse:

-   Na aplicación www.edu.xunta.es/admisionalumnado

-   De forma manual. Recollendo a instancia no centro ou descargándoa dende aquí: Anexo II (ED550B).

-   Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en sede electrónica.

10 días  hábiles a partir do 25 de marzo

Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo.

Antes do 25 de Abril

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Pódese presentar reclamación contra ditas listaxes nos seguintes 5 días hábiles contados desde o día seguinte á súa publicación.

Antes do 16 de Maio    

Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos

 Do 20 ao 30 de Xuño    

Formalización da matrícula do alumnado admitido de E. Infantil e Primaria.

Se precisades máis datos tedes toda a información, os formularios e os manuais para a presentación telemática na seguinte web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

 

 

Ven a coñecernos

Distribuir contido


by Dr. Radut