Skip to Content

---------------------------------------------
ANUNCIOS-SECRETARÍA

SOLICITUDE PARA DOTACIÓN DE MÁSCARAS (do 16 ao 27 de novembro)

Clicar na imaxe para o acceso á normativa.

 

 

Acceso ao impreso para a solicitude

 

 

 

 

TITORIAL: WEBEX

CISCO Webex

Podedes entrar cun ordenador por internet, estando dispoñible na dirección

https://eduxunta.webex.com/

Se tendes tablet ou móbil, tendes que descargar a app dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Playstore (se o sistema operativo é Android).

Na seguinte imaxe tendes acceso ao PDF do "Manual de usuario webex"

 

 

IMPORTANTE: A continuación deixamos un videotitorial para o alumnado, onde vos explica como acceder a unha videoconferencia e as distintas formas de acceso (a través dun ordenador persoal ou portátil, a través de disopositivos móbiles, ou mesmo a través da líña telefónica – só con voz) (clicar)

 

 

 

 

 

TITORIAL: CORREO ELECTRÓNICO NA AULA VIRTUAL

CLICANDO NA IMAXE ACCEDEDES AO TITORIAL PARA INTRODUCIR O VOSO CORREO ELECTRÓNICO PARA A AULA VIRTUAL

 

DÍA 2 DE NOVEMBRO NON LECTIVO

Prezadas familias.

Lembrámosvos que o vindeiro luns, 2 de novembro, será un día non lectivo escollido polo centro. Desexámosvos moita saude e un merecido descanso en familia.

Moito animo e graciñas pola vosa colaboración.

O NOSO COLE, VIGUÉS DISTINGUIDO

O NOSO COLE, ELEXIDO ESTE ANO 2020 COMO VIGUÉS DISTINGUIDO

Toda a Comunidade Educativa do CEIP Igrexa Candeán agradecemos xunt@s esta distinción ao Concello de Vigo e celebramos que levamos 50 anos educando e formando xeracións.

 

Se clicades na foto, poderedes ver o vídeo de agradecemento .

 

 

 

PROGRAMA DE ACOLLIDA

Estimadas familias: Á vosa dereita tendes un recadro en verde (PROGRAMA DE ACOLLIDA)onde ao clicar, amósavos o documento do centro no que se plasman as normas, instrucións e actividades que levaremos a cabo neste curso por mor do COVID 19. Para calqueira dúbida non dubidedes en chamarnos.

Lembrade que para falar con secretaría ou dirección é preciso pedir CITA PREVIA.

Moitas graciñas pola vosa comprensión

LISTADO FONDO LIBROS

Tendes publicados os listados provisionais da concesión do fondo libros.

Os listados están publicados no taboleiro do centro, na entrada do edificio principal.

A partir de agora poden presentar reclamación quenes o consideren, na secretaría do centro. 

O listado definitivo publicarase antes do día  20 de xullo. 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA DO 1 AO 10 DE XULLO

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR NA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 PRAZO: DENDE O 1 AO 10 DE XULLO

 

- ANEXO III : DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (Ver "Archivos Adxuntos")

-FOTOCOPIA DO DNI (de todos os membros computables da unidade familiar que o teñan)

- FOTOCOPIA DA CARTILLA DE VACINAS

- FOTOCOPIA DA TARXETA DA SEGURIDADE SOCIAL

- IMPRESOS DE PLURILINGÜISMO E RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA (proporcionados polo centro. Ver "Archivos adxuntos")

- DÚAS FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ

PROPOSTA DE CALENDARIO ESCOLAR 20/21

Á espera do calendario oficial, esta é proposta que fai a consellería.

 

AXUDAS MUNICIPAIS ESCOLARES

Estimadas familas:
 
O prazo para solicitar as axudas escolares municipais  será do 25 de xuño ao 22 de xullo.

 

As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260

 

As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño.
 

 

Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a sua solicitude  a traves  dela
As solicitudes  e anexos que se achegan  están preparados para a sua tramitación telemática (" 4 adxuntos")
 
Distribuir contido


by Dr. Radut