Skip to Content

Reserva de praza en centros adscritos

Comeza o prazo para facer a reserva de praza no IES Carlos Casares para cursar 1º da ESO no vindeiro ano académico.
Tedes de prazo dende hoxe, 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

Para o alumnado que o vindeiro ano curse a ESO noutro centro diferente ao IES Carlos Casares as solicitudes se presentarán cando se abra o prazo de admisión (mes de marzo).

Tedes dúas formas de presentar a solicitude:

1-Cubrir a solicitude ED550A e presentala asinada de xeito presencial no noso centro.

2-Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na sede electrónica (precisades a chave 365 ou certificado dixital) a través da aplicación admisionalumnado.

 

Toda a información está dispoñible no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

 



page | by Dr. Radut