Skip to Content

Axudas para libros e material escolar curso 2022-2023

ORDE do 9 de maio de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

A presente Orde integra:

a)Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e ESO.

b) Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP. ESO e EE

Prazos: Do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

Forma de presentación: Aqueles interesados deberán cubrir o impreso ED330B e achegar a documentación requerida (ver a nosa web ou consultar na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros da que deberán traer fotocopia e orixinal.)

O impreso pódese descargar na mesma dirección web ou no arquivo adxunto e pódese entregar na secretaría do centro, ou presentar por sede electrónica https//sede.xunta.gal. Aquelas familias que o desexen poden tamén recoller unha copia deste, na secretaría.

Alumnado de 6º de Educación Primaria: as solicitudes deste alumnado serán entregadas no IES correspondente achegando, igualmente, a fotocopia da documentación necesaria xunto co orixinal.

En vindeiras datas daremos instrucións para a entrega dos libros adquiridos co fondo (lembrade que teñen que estar en boas condicións para percibirá as axudaas).

 

A dirección

AdxuntoTamaño
modelo ED330B.pdf1.61 MB


page | by Dr. Radut