Skip to Content

Avisos

Reunión xeral inicio de curso

Como sabedes, onte realizamos a reuniñon xeral de inicio de curso na que se explicou o funcionamento deste novo ano académico.

Para aquelas familias que non puideron asistir, ou para aquelas que queiran revisar o que se falou na reunión, deixamos a presentación que usamos como guión adxunto nesta entrada.

Se tedes algunha dúbida sobre o falado, podedes contactar con nós sen ningún problema.

 

Reunións inicio de curso

Xa temos as datas das reunións xerais para este comezo de curso 2022-2023.

Enviaremos máis información por Abalar. 

 

Solicitude das axudas do Concello

Dende hoxe xa podedes solicitar as axudas do Concello de libros, material e comedor. Aquí tedes toda a información e o impreso de solicitude.

Axudas municipais de libros, material e comedor curso 22/23

O vindeiro martes 12 de xullo sairá a convocatoria municipal de axudas de libros de texto, material escolar e comedores para centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do Concello de Vigo, para o curso 2022-2023.

Tedes 20 días hábiles a partir da súa publicación para solicitalas axudas.

Correción erro no libro de inglés de 1º de EP

O libro de inglés que aparece no listado de 1º de EP non é correcto. 

Estos son os datos do correcto:

All About us Now 1

Classbook+Digital Book

VVAA

Oxford 2022

ISBN 9780194074223

Libros de texto para o vindeiro curso 2022-2023

A continuación podedes descargar as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso 2022-2023.

Matrícula para o curso 2022/23

Comeza o prazo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso.

Podedes pasar polo cole para cumplimentar a información dende o vindeiro luns 20 ata o 30 de xuño.

Para a formalización da matrícula tedes que traer a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI (de todos os membros da unidade familiar).

- Fotocopia da cartilla de vacinación.

- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social.

- Dúas fotografías de tamaño carné.

- Anexo III cuberto (podedes imprimilo dende aquí, ou temos copias no centro).

- Cubrir o impreso de relixión/atención educativa/proxecto competencial que vos facilitamos no centro no momento da matrícula.

 

 

Axudas para libros e material escolar curso 2022-2023

ORDE do 9 de maio de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

A presente Orde integra:

a)Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e ESO.

b) Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP. ESO e EE

Prazos: Do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.

Forma de presentación: Aqueles interesados deberán cubrir o impreso ED330B e achegar a documentación requerida (ver a nosa web ou consultar na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros da que deberán traer fotocopia e orixinal.)

O impreso pódese descargar na mesma dirección web ou no arquivo adxunto e pódese entregar na secretaría do centro, ou presentar por sede electrónica https//sede.xunta.gal. Aquelas familias que o desexen poden tamén recoller unha copia deste, na secretaría.

Alumnado de 6º de Educación Primaria: as solicitudes deste alumnado serán entregadas no IES correspondente achegando, igualmente, a fotocopia da documentación necesaria xunto co orixinal.

En vindeiras datas daremos instrucións para a entrega dos libros adquiridos co fondo (lembrade que teñen que estar en boas condicións para percibirá as axudaas).

 

A dirección

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Dende hoxe 19 de maio e ata o 30 de setembro, ábrese o prazo para solicitar as becas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022-2023.

Tedes toda a información na seguinte web:

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

 

Solicitude de admisión curso 22-23

SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

 

Aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnado para o curso 2022-2023, dende o 1 de ata o 21 de marzo.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 A solicitude de praza en periodo ordinario será do día 1 ao 21 de marzo, cubrindo o formulario ED550B.

As familias poderán cumplimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación do menú:

 Solicitudes >Admisión>crear

Tamén pódese cumplimentar a solicitude a través da aplicación electrónica (recordade que precisades a chave 365 ou o certificado dixital).

Esta solicitude deberá presentarse no centro solicitado en primeiro lugar, ou en calquera das dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento administrativo.

 

MODELO DE SOLICITUDE: ED550B

Distribuir contido


by Dr. Radut