Animádevos facervos socias da ANPA.
Enchede a ficha que está como documento adxunto.
PAGO CUOTA ANUAL POR FAMILIA 15 €, mediante ingreso bancario.
Telf. Contacto 678.068.930
anpaceipdohio@gmail.com
anpacolexiohio@hotmail.es
facebook: @anpaceipdohio
Envíase a información relativa ás actividades extraescolares ofertadas para o curso 2023/2024 no CEIP O Hío, para participar destas actividades será requisito imprescindible ser soci@ da ANPA do CEIP O Hío. No caso das crianzas matriculadas noutros centros que participen das actividades ofertadas no CEIP O Hío, será preciso que sexan soci@ da ANPA do seu propio centro.
Queda o documento informativo adxunto a esta publicación.
Todos os anos as familias tedes o dereito de elixir se queredes que as vosas failla e fillos se matriculen en Relixión Católica ou na área alternativa.
Hoxe levan unha nota para casa que deberán traer de volta mañán facendo constar a elección.
A curta creada o curso pasado polas voas fillas e fillos, “Carolina e o corvo de ás brancas”, quedou finalista no concurso de curtas escolares do FIC-BUEU.
O día 23 de setembro, pola mañá, organízase un acto no que se proxectarán todas as curtas desta categoría e se fará a entrega de premios.
Concedéronnos unha reserva de butacas que repartiremos por sorteo, incluído o alumnado de 6º do ano pasado interesado en asistir. Serán a “representación oficial” do noso cole.
Ola familias, un saúdo desde o CEIP do Hío:
Este ano iniciaremos as reunións coas titoras un pouco antes, para dar resposta ao desexo manifestado por algunhas familias de “poñerlle cara” ao profesorado, e coñecer algunhas pinceladas básicas do curso.
E. INFANTIL-3 anos: titor Xacobe Troncoso Blanco, reunión o luns 5 setembro ás 10:00, na aula.
E. INFANTIL-4 anos: titora Elsa Portela Gandón, reunión o luns 5 setembro ás 10:00, na aula.
O Concello de Cangas acaba de publicar as bases para concesión de axudas de comedor para o CEIP do Hío e outros de Cangas.
O prazo remata o 5 de agosto.
Tedes que cubrir a solicitude que se adxunta.
52 páxinas de información sobre o ano escolar 2021-22.
Unha fiestra aberta para coñecer un pouco máis o que se fai na nosa escola.
Unha revista interactiva con enlaces a vídeos.
O máis recomendable é descargala no voso equipo.
FELIZ VERÁN
Ruta:
https://drive.google.com/file/d/1WUMoIcl9ofHdfbnjpuHelhV8JI4MPQNB/view?u...
A ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia
Nos seguintes vídeos podedes ver como foi o desenvolvemento do proxecto medioambiental sobre a contaminación da ría de Aldán e a posterior reforma do patio, no que a auga pasa a ser elemento de xogo e aprendizaxe.
Isto non pode quedar así. A ría segue contaminada, pero agora sabemos que pasos dar para solucionar o problema. Uns téñenos que dar quen ostenta a responsabilidade política.
Outros, as administracións con responsabilidades.
E, outros pasos, teñen que ser dados pola veciñanza do Hío, xa que hai cousas que dependen de nós.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |