O concello de Cangas publicou as bases da convocatoria de axudas de comedores escolares.
 O prazo de presentación de solicitudes vai do 1 ao 25 de agosto de 2023.
Para máis información poden dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucía 3 baixo, ou o correo electrónico benestarsocial@cangas.gal. 

Aqui tedes a revista escolar do CEIP do Hío 2022-23.

Para vela tedes 3 opcións:

1) https://drive.google.com/file/d/1DrFV735IbuA4a0OCUNCCXXFrB5lBpnru/view?usp=sharing

2) http://gofile.me/74Hek/oZxCz4PYQ

3)Tamén podedes acceder a ela picando un pouco máis abaixo, pois vai como documento adxunto

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido, acompañados de gaiteiros e familiares, intentando reproducir a modelo tradicional das aldeas do Hío.

Nos seguintes enlaces podes ver un resumo en formato vídeo:

Se estás interesada/o en matricular ao teu fillo ou filla no noso colexio, ou se queres coñecernos, recibe unha afectuosa benvida.

Deixamos nos documentos adxuntos informacióin que che será de interese.

Podes chamarnos ao 633 124 796.

Na liña de continuar recuperando a normalidade conmemoramos o festividade do Hío, mediante unha xornada deportiva; nesta ocasión co formato PARALÍMPICO. 

Equipos constituídos con alumnado desde 3 anos a 6º, no que o dos cursos máis altos fai as veces de capitán, intentaron acadar as puntuacións máis altas en cada proba.

O martes 22 de novembro recuperamos a celebración "presencial" do Día da Música, despois dos anos de pandemia.

Foi unha alegría que o alumnado e familias con dotes e paixón pola música volveran pisar o escenario. Prepararon as actuacións nas casas as semanas previas.

Aquí tedes un resumo das mostras artísticas coas que nos deleitaron.

O día 5 de outubro a cadea radiofónica SIRADIO Sidebar 1 gravou un programa-magacine no noso colexio.

Participou o alumnado de 6º como locutoras e locutores, ocupáronse tamén de preparar as entrevistas a persoas salientables do Hío, escoller a música, crearon un conto...

O programa está listo para ser escoitado. Podedes facelo a través do seguinte enlace de SPOTIFY 

DATA VOTACIÓNS: martes 29 novembro, entre 16´00 - 19´00

As familias tedes que renovar 3 membros.

O período para que presentedes as vosas candidaturas é entre o 11-18 de novembro.

O CEIP do Hío constrúese coa participación de todas/os, animádevos a exercer como representantes das familias.

• Son funcións do Consello Escolar:

Distribuir contido