ADAPTACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR DO CEIP DO HÍO NO RELACIONADO COA AVALIACIÓN
A ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, na súa Disposición transitoria cuarta, recolle:
1. Os centros docentes disporán dun prazo de 2 meses para adaptar a súa concreción curricular para adecuala aos cambios normativos na avaliación, na promoción e na titulación.
2. Co fin de garantir o dereito do alumnado a que o seu rendemento se valore consonte criterios de plena obxectividade, os centros docentes adoptarán as medidas precisas para facer públicos e comunicar ás familias os criterios de promoción e, de ser o caso, os criterios de titulación que resultarán de aplicación no curso 2021-2022.
A concreción curricular a nivel de centro é a adaptación á contextualización dos contidos, competencias e criterios que establece o currículum para guiar, en cada centro educativo, a planificación docente e asegurar coherencia e continuidade entre os diferentes cursos a nivel de contidos, metodoloxías, procedementos e valores. A concreción curricular consta dun apartado relacionado coa avaliación que este documento pretende actualizar, segundo a disposición legal anteriormente detallada.
VER EN DOCUMENTO ADXUNTO.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
adaptacio_concrecio_curricular_ceip_hio_avaliacion.pdf | 2.27 MB |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |