Skip to Content

PREINSCRICIÓN CURSO 2024-2025

PERÍODO PREINSCRICIÓN CURSO 2024-25

Do 1 ao 20 de marzo ábrese o período de preinscrición escolar. O medio preferente de presentación será a aplicación “admisionalumnado” e a sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550B) para o que será preciso o certificado dixital ou a chave365. 

Na escola pódese recoller o formulario de preinscrición sin cita previa. Para a presentación do formulario haberá que solicitar CITA PREVIA da seguinte maneira:

 -Correo: ceip.heroinas.salvora@edu.xunta.gal

 

INFORMACIÓN DE INTERESE:

-DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR POLAS FAMILIAS

-PROCEDEMENTO EN SEDE ELECTRÓNICA

-MANUAL XUNTA AXUDA A FAMILIAS

-INFORMACIÓN DA ESCOLA PARA  FAMILIAS PEQUENOS/AS

-INFORMACIÓN  DA ESCOLA PARA FAMILIAS MEDIANOS/AS

-INFORMACIÓN  DA ESCOLA PARA FAMILIAS MAIORES

 

Dende a ANPA queren poñer en funcionamento os máximos servicios no centro como Plan madruga, comedor, extraescolares, etc., para máis información CONTACTO ANPA.

VISITA Á ESCOLA: CHARLA INFORMATIVA PARA FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN

O vindeiro día 27 de febreiro abriremos as portas da escola. Realizaremos unha charla informativa e visita aos ambientes para as familias interesadas en matricular os seus fillos e fillas para o vindeiro curso.
 
O horario será de 15:30 a 17:00h na Biblioteca.
 
Poderán vir ambos proxenitores ou titores legais e os/as nenos/as non poderán asistir.
 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

Seguindo a Orde do 12 de Marzo de 2013, pola que se regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, do 20 ao 30 de xuño, poderase formalizar a matrícula na nosa escola.

Aquí podedes ver toda a documentación necesaria; que tamén poderedes recoller na Secretaría da escola.

Para presentar a documentación será necesario solicitar CITA PREVIA.

Tal e como recolle o artigo 40.3 da Orde do 12 de Marzo de 2013, unha vez finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida.

21 DE XUÑO: FOLIADA NA ESCOLA

Este ano rematamos curso cunha xornada de portas aberta e convivencia para toda a comunidade educativa: FOLIADA NA ESCOLA.

Nesta xornada: poderemos visitar o interior da escola, participar da programación de actividades no exterior, haberá música, petiscos, postos de actividades un obradoiro de baile tradicional, etc.

Remataremos a xornada cunha foliada pola que poderedes traer os vosos instrumentos para participar da mesma.

As nenas e nenos virán á escola no horario habitual e as familias virán de 10:30 a 13:30h.

Agardamos vervos na FOLIADA NA ESCOLA!.

Distribuir contido


by Dr. Radut