REPARTO DE LIBROS E MATERIAL DO CURSO 2019-20

A partir do luns 25 xa podemos repartir os libros de texto e material que quedou no centro e para facelo ordeadamente, aquí tedes o horario. Rogamos para maior seguridade veñan con mascarilla e guantes, respectando as distancias que colocamos no chan por turnos.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL CURSO 2020-21

Hoxe día 19 saíu ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocanaxudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educaciónsecundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código deprocedemento ED330B). Podedes acceder no arquivo adxunto.

Para recoller a solicitude no centro establecemos un horario para evitar aglomeracións:

6º de Infantil: Luns  25 de 12 a 13 horas

1º curso: Martes  26 de 10 a 11 

2º curso: Martes  26 de 11 a 12 

3º curso: Mércores 27 de 10 a 11

4º curso: Mércores 27 de 11 a 12

5º curso: Xoves 28 de 10 a 11

6º curso: xoves 27 de 11 a 12

ACCESO AO LIBRO DE 3º E 4º DE PRIMARIA EDUCACIÓN MUSICAL

Bo día son Mª Luz, a profe de música, conseguín que nos deran licenzas gratuitas para acceder ao libro de Música on line. Para iso cada alumnos terá un código que lle permitirá acceder ao seu libro.

Os pasos a seguir son os seguintes:

1.     

Accedo a   galinovaeditorial.com

2.     

Acceso profesores

3.     

Tengo cuenta

4.     

Ponemos nuestro código TANTO EN CORREO COMO CONTRASINAL

a.     

Correo        gal----------

b.    

Contasinal: gal----------

5.     

Mi cuenta

6.     

Mi Librería  e accedemos ao noso libros

AUDIOS

Os audios envÍoos por enlace para descargar. Están os audios de 3º e 4º, cada un que descargue os do seu curso:

https://wetransfer.com/downloads/3a1587b92db138736244e8fbe57101ee20200417140101/6774f38e28fd2d6a75995e968a2c4afa20200417140132/af1010

CHOLO E NELA COVID QUE TE VIN

Aquí tedes o vídeo de Cholo e Nela Covid que te vin, disfrutade e cantadea!!!

 

 

SOLICITUDES DE AXUDAS DE COMEDOR ESCOLAR ATA O DÍA 26 DE ABRIL COV-19

 

TRÁMITES:

  •  As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia.
  • De non ter medios para solicitalo electronicamente as familia terán que solicitar -por vía telefónica (988320880- 618216612) e/ou correo electrónico (ceip.gurriaran@edu.xunta.es) a partir do día 14 martes de abril

        os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)
         b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería
         c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas
         d) NOME DO TITULAR e Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

 As respostas correctas a estas preguntas serán suficientes para acreditar que estades a falar cos auténticos titores do alumnado beneficiario e que non se levanten suspicacias pola petición dese tipo de datos.

 Con todo se alguén non quere dar o seu número de conta pode solicitalo en sede electrónica.

 Eses datos terán que incorporarse a aplicación de comedores escolares nuns novos campos que se están a habilitar e que estarán operativos o luns ao final do día.

BLOGUES DO CEIP JULIO GURRIARÁN

Este é o listado dos Blogues  creados para que os nosos alumnos accedan as actividades.

(Os alumnos de 1º  xa recibiron instruccións por parte dos seus titores/as.)

Os contidos, traballos e actividades iranse actualizando cada dous ou tres días no Blog correspondente.

 

2º Curso A e B

https://blogdesegundoayb.blogspot.com/

 

3º Curso A

https://juliogurriaran3a.wixsite.com/2020

 

3º Curso B

http://aprendergurriaran.blogspot.com/

 

4º Curso A e B

https://cuartogurriaran.blogspot.com

 

5º Curso A

http://soniaeiam.blogspot.com/p/actividades-diarias-sin-completar.html

 

5º Curso B

Seguimos coa mesma dinámica de clase a través da plataforma de EVA de EDIXGAL onde están dispoñibles os libros dixitais así como todas as actividades das distintas asignaturas.

 

6ºCurso A

https://sextoajuliogurriaran.blogspot.com/

 

6º Curso B

https://sextobceipjuliogurriaran.blogspot.com/

LISTA ALUMNOS ADMITIDOS FONDO LIBROS de 3º-4º Primaria

 

Informamos que xa está dispoñible a Lista definitiva de alumnos admitidos PARA O PRÉSTAMOS DE LIBROS DE 3º E 4º DE PRIMARIA.

PREME  NO ARQUIVO ADXUNTO.

ANTES DE COMPRAR OS LIBROS, PREGUNTADE NO CENTRO POR SE QUEDA ALGUNHA EXISTENCIA DE LIBROS QUE NOS DONARON A MAIORES DOS REPARTIDOS, A PARTIR DO DÍA 3 DE SETEMBRO.

 

 

LISTA DE LIBROS CUSRO 2019-20

Aquí tedes a lista de libros do curso 2019-20. Preme no arquivo adxunto

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2019

 

Na ORDE do 3 de maio de 2019 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

FORMATO PDF

 

BENEFICIARIOS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4ºde educación primaria (empréstito de libros) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria traballan no Progarama E-dxgal (empréstito de ordenadores)

b) Axudas para adquirir libros de texto  (vales) destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

 

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.  

Enlace a páxina de Fondolibros. Preme aquí

 

MENÚ COMEDOR OUTUBRO 2020

Aquí tedes o menú de OUTUBRO 2020  . Preme no arquivo adxunto

Powered by Drupal - Design by artinet