ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

Diagnose e seguimento da convivencia escolar. Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. 

O  9 venres, os alumnos levarán unha clave para realizar o cuestionario. E no seguinte enlace poderá acceder ao mesmo: 

Cuestionario para alumnos de 5º e 6º de Primaria

Cuestionario profesorado

Cuestionario para nais e pais (só se cubre un cuestionario por familia)

Powered by Drupal - Design by artinet