Aberto o prazo (11 de xaneiro ata o 8 de febrero) para a reserva de prazas nos centros de adscrición; neste caso, trátase de realizar a reserva para o alumnado de 6º EP e que continúe os seus estudos o curso 21/22 no IES MARTAGUISELA.
O alumnado que non vaia continuar os estudos de secundaria IES MARTAGUISELA, non ten que entregar nada neste prazo.
PROCEDEMENTO:
Para poder facer a reserva existen dúas maneiras:
- Por vía telemática, na aplicación admisionalumnado da Consellería de Educación (seguindo a Ruta “Solicitudes-Reserva-Crear”).
- Cubríndo a man (descargando o Anexo I que se achega a continuación).
A solicitude de reserva deberase presentar no noso centro ou mediante SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, e sendo esta a canle preferible de presentación.
Poden consultar toda a información con respecto aos pasos a seguir, para realizar a reserva no Anexo II que segue.
- Anexo I (pdf reserva vía manual)
- Anexo II (pasos a seguir vía telemática).