FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2019

 

Na ORDE do 3 de maio de 2019 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20.

FORMATO PDF

 

BENEFICIARIOS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4ºde educación primaria (empréstito de libros) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria traballan no Progarama E-dxgal (empréstito de ordenadores)

b) Axudas para adquirir libros de texto  (vales) destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

 

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2019.  

Enlace a páxina de Fondolibros. Preme aquí

 

Powered by Drupal - Design by artinet