Letra da canción do Magosto

 
VIVE O MAGOSTO !

Magosto, festa tradicional,
xa estamos no Outono,
queremos troulear!
Os soutos, cargadiños están,
de ourizos con castañas,
ímolos varear!

Enchemos, os cestos de castañas,
coidado cos ourizos,
podémonos pinchar!
Xa temos, castañas dabondo,
será unha boa festa,
magosto popular!

Os maiores con coitelos e navallas,
xa pican as castañas
non poden estourar, chisss pum!
Enchen, o tambor de castañas,
preparan leña seca,
o lume quenta xa!

Tamén, facemos uns iscos,
asamos uns chourizos,
que sabrosos están!
O pan, de trigo ou de centeo,
de doce temos queixo,
con mel ou con marmelo!

VIVE O MAGOSTO,
VÍVEO XA,
VIVE O MAGOSTO,
HEI, HEI,
VIVE O MAGOSTO,
VÍVEO XA,
UN, DOUS, TRES, CHOUTA!
(3 VECES MÁIS)

Magosto, festa tradicional,
os nosos gaiteiriños,
afinando están!
Cantamos, bailamos sen parar!
tamén regueifeamos,
da risa imos chorar!

Os peques, collemos os tizóns,
agora que están fríos,
e manchan un montón!
Xogamos, a poñernos negriños,
coma uns carbonciños,
festa tradicional!

VIVE O MAGOSTO,
VÍVEO XA,
VIVE O MAGOSTO,
HEI, HEI,
VIVE O MAGOSTO,
VÍVEO XA,
UN, DOUS, TRES, CHOUTA!
                (BIS)

Powered by Drupal - Design by artinet