XA CHEGOU A CICLOBIBLIOTECA O CEIP JULIO GURRIARÁN

 


 


Anxo Moure, do colectivo creado en Chantada baixo a denominación “Lar dos contos”, viaxou con ela ata o noso colexio para sumarse ao programa “Aire limpo para todos”, organizado pola oficina do Núcleo de Sostibilidade coincidindo coa “Semana europea da mobilidade”.
 Aproveitou para desenvolver nun obradoiro de contos cos nenos/as, aos que invita a realizar unha viaxe imaxinaria. Sempre, mantendo no punto de mira os problemas ocasionados pola contaminación e a necesidade de defender ao medio natural.


 


 




 

Powered by Drupal - Design by artinet