PÁXINA WEB DO COLEXIO

Queridas familias:

Neste curso escolar, os centros educativos debemos de levar a cabo un plan de introducción das tecnoloxías da información e comunicación. Entre os obxectivos principias deste plantexamos este:

  • “Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e de colaboración con toda a comunidade educativa” 

Este ano imos a elaborar a páxina web do colexio coa intención de actualizarnos na utilización e aproveitamento deste recurso educativo.

A páxina web vainos a axudar a toda a comunidade educativa a ter un maior coñecemento da actividade diaria do centro e da súa organización así coma intercambiar coñecementos e experiencias educativas con outros centros educativos.

Entre os contidos que vai albergara páxina web podemos citar entre outros:

  1. Información xeral do centro referente á ubicación, instalacións e recursos, organización, profesorado, alumnado, Proxecto Educativo do Centro, Consello Escolar,.....
  2. Materiais educativos coma fichas de exercicicios ou relacionadas con calquera materia escolar, que podan ser descargadas nos domicilios dos alumn@s do centro.
  3. Conexións con outras páxinas web de carácter educativo.
  4. Reportaxes fotográficas e audiovisuais de traballos e experiencias didácticas levadas a cabo no centro escolar.
  5. Montaxes audiovisuais das principias datas conmemorativas e festivas do curso escolar, como poden ser o Magosto, o Nadal, o Día da Paz, o Entroido, o Día das Letras Galegas,....

En definitiva, as posibilidades que nos ofrece a páxina web do centro son inmensas e ademais de darnos a coñecer ao resto do mundo, vai servir para que a relación entre os membros da comunidade educativa do centro escolar, sexa máis rica e cotiá.

Para poder publicar imaxes fotográficas ou videos dos nen@s no centro escolar, en calquera das actividades citadas anteriormente, sexan actuacións dos festivais, experiencias educativas diarias, traballos de investigación ou innovación educativa,…é necesario que nos deades o voso consentimento como pais/nais ou titores dos nen@s.

Dende a Dirección do centro escolar animámosvos a que lle entreguedes as autorizacións firmadas aos titores dos vosos fill@s.

Se tedes algunha dúbida estamos á vosa disposición no colexio.

Un saúdo.

DIRECTORA

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet