Skip to Content

PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva "GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE"), Aliméntate ben, Xogade (deporte escolar), Xogando no recreo (patios activos)

EDUCACIÓN VIARIA NO COLE

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

CEIP DE GUILLAREI NA ALOIADA 2017

Saímos!!!

Presentación da Aloiada 2017 no Concello de Tui

Onte presentouse no Concello de Tui a Aloiada 2017, na que van participar máis de 170 nen@ de 6 colexios tudenses, entre os cales esta a nosa escola CEIP DE GUILLAREI.

Sen dúbida vai ser unha gran experiencia para practicar deportes e actividades no medio natural como escalada, hípica, orientación, ... nos Montes Galiñeiro, Aloia e no río Miño.

Iniciación a Orientación deportiva no cole

 

 

Hoxe pola mañá o grupo de sexto participo

Iniciación a Orientación deportiva no cole

Hoxe pola mañá o grupo de sexto participou na primeira carreira de orientación deportiva na nosa escola.

Aprenderon a orientarse cun mapa/croquis das instalacións do cole, o uso de compás, buscar balizas e manipular unha tarxeta de control.

Iniciación o piragüismo no río Miño

Onte as clases de quinto e sexto de primaria desfrutaron toda a mañá dunha xornada de iniciación ao piragúismo no Miño. Sen dubida unha boa experiencia.

Agradecer ao Concello de Tui e a os monitores Jose Luis Bouza, Sito e Potri do clube de piragüismo de Tui pola súa paciencia e disposición, moitas grazas e sorte.

PANEL INFORMATIVO DE EDUCACIÓN FÍSICA

PANEL DO CONCURSO DE DEBUXOS SOBRE AS CARREIRAS

XOGANDO NO RECREO (Tempo de lecer activo)

CARTEL DAS QUENDAS E DISTINTOS RECUNCHOS DE XOGOS

 MATERIAL DO PRESTAMO NOS PATIOS DO EXTERIOR

XOGANDO NO RECREO (Tempo de lecer activo)

Nestas imaxes podemos ver diferentes xogos ofertados no proxecto "xogando no recreo", co obxectivo de dinamizar os distintos espazos do colexio e fomentar a actividade lúdico entre o alumnado.

DERRADEIRA SESIÓN DE EDUCACIÓN VIARIA NO RECREO

O pasado luns día 29 participamos na 4ª e derradeira sesión de educación viaria no pavillón do colexio, polo tanto xa NON hai que traer as bicicletas durante este curso.

ACROSPORT NA CLASE DE SEXTO

O alumnado de sexto está traballando actividades ximnásticas durante a unidade didáctica do terceiro trimestre sobre o "Acrosport". Sen dúbida uns verdadeiros artistas moi creativos.

Xogando no recreo

Terceira xornada de Educación Viaria no recreo

Hoxe luns 22 de maio, levouse a practica unha nova xornada de educación viaria. O percorrido tivo unhas pequenas novidades e pouco a pouco os nen@s van aprendendo a importancia de respectar as normas de circulación.

Parabéns aos voluntarios do control e os/as ciclistas.

Distribuir contido


by Dr. Radut