Skip to Content

PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva "GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE"), Aliméntate ben, Xogade (deporte escolar), Xogando no recreo (patios activos)

IV CARREIRA SOLIDARIA DO CEIP DE GUILLAREI

O próximo venres 5 de novembro organizamos a IV edición da nosa Carreira Solidaria en colaboración coa ONG SOS BAIXO MIÑO. 

A partir das 11.45 e ata as 13 horas, no torreiro da festa de Guillarei, todo o alumnado participará nun total de 8 carreras de campo a través, percorrendo entre 150 metros os nen@s de infantil ata os 1.000 metros os de 6⁰ curso de primaria. 

LEITE E CACAO serán os alimentos a recoller.

Moitas grazas por axudar e colaborar. 

Xogando no recreo 2021

Dende o primeiro día de colexio xa temos os materiais repartidos polas distintas clases do colexio. Ao igual co ano pasado, seguimos co protocolo COVID19, polo que non se poden xuntar os nen@s das distintas aulas; así pois imos preparado uns caixóns con material diverso (aros, cordas, pelotas, etc) para xogar no tempo de lecer libremente e no espazo asignado para cada grupo burbulla.

EUROPEAN SCHOOL SPORT #BE ACTIVE

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

A nosa escola organiza unha proposta de probas deportivas durante varios días previo á celebración de "día europeo do deporte escolar" que será o venres 24 de setembro.

A idea é completar 3 retos colaborativos en cada aula de primaria e infantil.

MARTES 21: FACER A MILLA (1.609 metros) todos xuntos.

MÉRCORES 22: BAILAR UNHA CANCIÓN divertida.

XOVES 23: PASAR UNHA PELOTA SEN QUE CAIA AO CHAN (15 TOQUES)

A CLASE QUE A SUPERE O RETO OBTERÁ UNHA INSIGNIA E FINALMENTE OUTORGAREMOS UN DIPLOMA ÁS AULAS.

O VENRES 24: Celebraremos a xornada especial con varios xogos deportivos.

EN EDUCACIÓN PRIMARIA:

1- BÁDMINTON

2- XOGO DO BRILÉ OU MINI BASKET

3- MINI BALONMÁN

4- VOLEI XIGANTE

5- MINI FÚTBOL

6- O XOGO DOS BOLOS

7- O ROCÓDROMO

EN EDUCACIÓN INFANTIL CON VARIOS AMBIENTES DEPORTIVOS

1- RECORRIDOS XERAIS LÚDICOS

2- CIRCUITO DE XOGOS

XORNADAS DE RETOS LÚDICOS EN LUGAR DO XOGADE

Este ano o XOGADE saiu a final de curso, e na nosa escola organizamos unhas xornadas especiais con retos ludicos e deportivos nas cales participou todo o alumnado de infantil e primaria respectando os protocolos do Covid19.

As xornadas forón moi divertidas e vivirónse con moita alegría e emoción.

Grupo de 6º

1º curso

Tiro con Arco

Xogo dos bolos

Escalada

Floorball

Bádminton

Floorball e fútbol sala

Alimentación saudable

Este ano non participamos nos 3 programas do proxecto por mor do Covid19 e o protocolo de centro; a intención do centro é recuperalos de cara o curso que ven.

Aínda así seguimos recordando as familias e o alumnado a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios. E intentase recomendar que as merendas dos nenos e nenas sexan o máis saudables posibles.

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE EXPERIENCIAS DEPORTIVAS

TRABALLOS FEITOS POLO ALUMNADO RELACIONADOS COAS ACTIVIDADES

A continuación presentamos un resumo de varios traballiños feitos polo alumnado relacionado coas actividades deportivas durante o curso.

CAMPAMENTO DE VERÁN DEPORTIVO DA ANPA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEPORTIVAS

Actividades deportivas organizadas polo Concello (Tenis e patinaxe): suspendidas polo COVID 19. Aínda co grupo de Tenis comezou a participar a partir de Abril.

Mulleres deportistas importantes.

Exposición de murais (petalos xigantes) sobre mulleres deportistas: Traballo relacionado coa investigación de mulleres importantes en varios ámbitos da vida.

Ana Peleteiro, Carolina Marín, Chus Lago, ...

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO

Xogos populares no magosto: organizamos unha zona diferente para grupo burbulla, na cal cada clase durante máis dunha hora xogou a diferentes xogos populares. En total foron 7 espazos separados respectando as normas do protocolo, con distancias e sen compartir os materiais.

RECREOS ACTIVOS E PATIOS DINÁMICOS ADAPTADOS AO PROTOCOLO COVID19

Recreos activos e patios dinámicos: Este curso tivemos que adaptarnos o protocolo do COVID19, co cal repartimos un baúl de material diverso a cada grupo/clase, o cal só podía xogar cada grupo burbulla e na zona indicada de cada grupo no patio exterior do patio ou no pavillón nos días de chuvia. Destacar que houbo dúas quendas de recreo. O como reflexión indicar que o positivo deste ano o alumnado xogou máis cos seus compañeir@s de seu grupo-clase.

petanca

 

 

 

FORMACIÓN DE MESTRES EN RUTAS NÁUTICAS EDUCATIVAS

FORMACIÓN ESPECÍFICA DE MESTRES

O pasado 11 de xuño o mestre de educación física participou nunha formación específica sobre rutas náuticas educativas en Kayak cara as bateas da ría de Vigo fronte a Moaña, acompañados por un experto no cultivo do mexilón e nunha andaina relacionada coa historia mariñeira da vila de Cangas do Morrazo e a industria conserveira e das baleas da familia Masó, acompañados con guías turísticos.

O obxectivo desta experiencia e levar o próximo ano ao alumnado para que teña experiencias interdisciplinares sobre estes contidos.

Estas actividades están organizadas por ECODESTIN (Proxecto europeo INTERRG) en Moaña e Cangas do Morrazo en xuño 2021.

SAÍDA ESPECIAL (O TÚNEL DE DONA URRACA E INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO)

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA (PVAD): “GUILLAREI ACTIVO E SAUDABLE”

O pasado mércores 9 de xuño os grupos de 5º e 6º curso de educación primaria, participaron nunha xornada especial, con 2 experiencias moi interesantes como foron:

1º) A realización dunha ruta pola cidade vella de Tui titulada “O túnel de Dona Urraca”: tendo como saída a praza de S.Fernando na Catedral, o alumnado mediante un plano con pistas foi descubrindo e aprendendo moitas cousas de Tui e de Dona Urraca “A Temeraria”.

Ao rematar esta ruta, continuamos camiñando pola alameda cara a mariña a carón do río Miño, onde tivemos a sorte de coincidir co Cabo Fragata. Xa no parque do Penedo, merendamos e tivemos un ratiño de lecer e xogar na tirolina e tobogán.

2º) Xa no centro interfederado do río Miño, esperábannos Manuel (presidente), Jose Luis Bouza (adestrador e subcampión do mundo de piragüismo )e Raimon (monitor); membros do club Kayak Tudense; os cales foron moi amables e iniciáronnos na práctica de iniciación ao piragüismo, deporte tan arraigado na nosa contorna.

Grupos de 5⁰ e 6⁰ curso

Preparando as piraguas no río.

 

Momento final de baño.

Chegada a Tui e inicio da ruta de Dona Urraca.

Pistas a localizar e descubrir pola cidade vella.

 

NOVO EQUIPO DE MESTRES DO PVAD "Guillarei activo e saudable".

O día 21 de setembro constituímos o novo equipo de deporte escolar da nosa escola, o cal vai estar formado durante o curso escolar 2020/2021 polos seguintes mestr@s:

- Olaia Conde Fernández (represanta a educación infantil)

- Mª Luz Conde Moldes (representa ao 1º ciclo)

- Fernando Domínguez Sobral (coordina o equipo e representa ao 2º ciclo)

- Vega Sánchez Campos (representa ao 3º ciclo)

Ademáis de constituir o equipo, repasamos o calendario de actividades do curso e as propostas e novidades surdidas neste período do COVID 19.

Estamos pendentes das novidades do plan Proxecta e da Xunta de Galicia para ver que se pode facer durante este curso escolar.

FINAIS DE BÁDMINTON EN TOMIÑO

Aquí tedes a este gran equipo que represetou a escola no pavillón da Carballa.  Destacar ao capitán Xabier Argúelles.

Distribuir contido


by Dr. Radut