Skip to Content

Romaría fin de curso

ACROSPORT, CIRCO E FESTIVAL FIN DE CURSO

Durante gran parte do terceiro trimestre o alumnado de educación primaria estivo aprendendo moitas actividades ximnásticas, exercicios de acrosport, equilibrios, bailes, malabares e moitas habilidades circenses.

Especialmente os grupos de quinto e sexto adicáronlle moitas horas do seu tempo libre nos recreos, algunhas tardes e nas horas de educación física. Como guinda de tanto esforzo, no festival de fin de curso titulado "Eurosport" fixeron actuacións do aprendido.

Sen dúbida foi unha xornada de moitos nervios pero tamén de emoción e ilusión poder actuar diante das suas familias e de todo o colexio.

Moitos parabéns a tod@s.

Grupo de quinto curso, coa parodia de natación desincronizada.

Actividades circenses o grupo de sexto.

Acrosport

 

Festival fin de curso 2017-18

Baile final 

Sesións da maquillaxe previas ao festival

A continuación podedes un vídeo da primeira parte do festival de fin de curso 2018 que estivo relacionado coas actividades ximnásticas e circenses.

 

aquí

Elástico e Magnífico

 

UN DÍA NA GRANXA ESCOLA "CORAZÓN DE CARBALLO" DE TOMIÑO

Dende o CEIP Plurilíngüe de Guillarei queremos dar as grazas a granxa escola “Corazón de Carballo” de Tomiño e a todo o seu persoal que nos ofreceu  ó seu tempo e as súas instalacións GRATIS para que os nenos e nenas de Guillarei puideran disfrutar  de este día tan especial da excursión de fin de curso e así esquecer, por uns intres a realidade  acontecida nestas últimas datas na nosa parroquia.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut