CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR EN HORARIO LECTIVO
O MÉRCORES 24 de NOVEMBRO do 2021 no CEP PEDRO CASELLES de Tomiño, organízanse as carreiras escolares de Campo a Través en horario lectivo do Baixo Miño para as clases de 3º e 5º curso de educación primaria. As carreiras son en horario escolar entre as 9.45 e as 13 h. Todos os nen@s que participan nesta proba van ir acompañd@s polas súas titoras e o mestre de Ed. Física, antes do inicio farán exercicios de quecemento e ao rematar deberán estirar e abrigarse. Non se debe comer nada 1 hora antes da carreira como mínimo.
Estas probas deportivas seguirán o PROTOCOLO FISICOVID-DXT GALEGO recollido no programa Xogade 2021/2022 da Xunta de Galicia. https://www.deporteescolargalego.com/
MATERIAL: Se recomenda levar unhas zapatillas deportivas que agarren ben (que a sola non este moi desgastada), calcetín alto, pantalón curto ou malla de correr, a camiseta do cole (ANPA) e o chándal do colexio no caso de telo. Levar unha mochila cunha muda completa (roupa e calzado) e o material de aseo (xabón e toalla pequena), por si fai falta cambiarse. Traer 2 mascarillas.
SERVIZOS NA XORNADA: Transporte gratis dende o colexio ida e volta. Contaremos cunhas magníficas instalacións do recinto. Os participantes realizarán o seu percorrido practicamente por herba e terra. Hai vestiarios e aseos.
Cada nen@ ten que levar a súa merenda e unha botella de auga. Nas páxinas web www.agrudebam.es e na do colexio www.edu.xunta.gal/centros/ceipguillarei hai máis información.
SAÍDA EN BUS DENDE O CEIP DE GUILLAREI ATA O CEP PEDRO CASELLES EN TOMIÑO
REGRESO A GUILLAREI AO REMATAR AS CARREIRAS.
CATEGORÍAS E CURSOS
|
DISTANCIAS APROXIMADAS
|
Benxamín (nen@s de 3º curso)
|
450 metros
|
Alevín (nen@s de 5º curso)
|
700 metros
|